CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Rede de Observación Ambiental de Galicia (ROAGA)

  • Sede

O Decreto 316/2009, do 4 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, dispón as funcións que debe exercer a Subdirección Xeral de Investigación, Cambio Climático e Información Ambiental dentro do ámbito de competencias atribuídas á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Entre outras, está a xestión da Rede de Observación Ambiental de Galicia (ROAGA), que inclúe a rede de seguimento do estado ecolóxico das augas de Galicia, sen prexuízo das competencias que correspondan á Consellería de Innovación e Industria, no ámbito de aplicación da Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manantial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Rede de Observación Ambiental de Galicia forma parte do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia e ten a súa sede na Finca de Lourizán (Pontevedra) nun edificio situado a carón do coñecido Pazo de Lourizán.
Esta rede se constitúe como unha ferramenta que permite incrementar o coñecemento da dinámica dos ecosistemas e a súa interacción coas actividades humanas, e así mellorar a nosa capacidade de predicir a súa evolución. Integra un conxunto coherente de estacións de mostraxe nas que se rexistran de xeito permanente numerosas variables ambientais.
Entre as funcións máis importantes destaca levar a cabo os programas de control, seguimento e diagnose da calidade enmarcados na Directiva 2000/60/CE, coñecida como Directiva Marco da Auga (DMA). Este traballo levase a cabo en colaboración con Augas de Galicia e está orientado a acadar o bo estado ecolóxico en todas as masas de auga superficiais de competencia galega.

Rede de seguimento do estado ecolóxico das augas

 

Localización:

DIRECCIÓN :

Finca Lourizán
Estrada PO-546 Pontevedra-Marín, km. 4
C.P. 36080
Lourizán - Pontevedra

Imaxe que mostra a localización do ROAGA