CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Taxa da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

Taxa de expedición de información ambiental específica (Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, actualizada pola Lei 2/2017, de 8 de febreiro, de medidas fiscais, administrativas e de ordenación da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017).

Servizo 15 - Meteogalicia

Códigos de taxas:

32.61.00Informe sobre fenómenos meteorolóxicos específicos 
32.61.01Informe de descrición da situación meteorolóxica por localidade e día10,40€
32.61.02Informe de descrición da situación meteorolóxica nunha localidade nun determinado mes31,22€

Segundo indica o artigo 16.2 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia,para proceder á prestación do servizo, previamente deberán ser abonadas as taxas correspondentes. Para facer efectivo o ingreso existen dúas formas:

a) Cumprimentando o modelo de autoliquidaciónde taxas (pódese atopar en calquera Oficina Xestora da Xunta de Galicia) cos seguintes códigos:

 Código
Consellería de Medio Ambiente,Territorio e Vivenda15
Servizos centrais13
Servizo de Meteogalicia15
Taxa denominación (segundo proceda: texto ...)326101
 326102

b) A través da carpeta Cidadáns da Oficina Virtual Tributaria

Lembre vostede que para as opcións a) e b) ten que enviar o xustificante orixinal do pagamento da taxa ao seguinte enderezo postal :

  • Meteogalicia
    Subdirección Xeral de Meteoroloxía e Cambio Climático
    Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
    Rúa Roma nº6. 15707 Santiago de Compostela - A Coruña