Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Seguimento da eutrofización no Río Umia

Para o seguimento e control da eutrofización nos encoros de Galicia-costa, e entre eles no encoro de A Baxe (Caldas de Reis), estase a seguir un protocolo experimental desenvolvido por Antonio Quesada (Universidade Autónoma de Madrid). Este protocolo está baseado no seguimento das características físicas, químicas e biolóxicas do encoro para poder coñecer o estado de eutrofización do encoro e a conseguinte posible presencia de cianobacterias e tomar as medidas pertinentes.

Prema nos puntos do mapa ou seleccione un punto na lista para ver os datos do seguimento da eutrofización do encoro de A Baxe. Os datos de Ponte Baión e Ponte Arnelas só están dispoñibles na lista de puntos, non no mapa. Marcando ou desmarcando categorías de variables ocultará os valores das mesmas.

Punto de toma de mostras:
Encoro

Captación
Variables visibles Variables físicas
Variables físico-químicas
Variables químicas xerais
Variables químicas nutrientes
Variables químicas metais pesados
Variables químicas outros contaminantes
Variables químicas ións
Variables biolóxicas bentos
Variables biolóxicas fitoplancto
mapa dos puntos de mostraxe no  encoro de A Baxe

Control de seguimento do río Umia

Pinche aqui para acceder aos datos de control de seguimento do río Umia.

Notas

  • Os datos que aquí se amosan corresponden aos resultados preliminares que están sendo validados pola Rede de Seguimento do Estado Ecolóxico das Augas de Galicia, e non poden ser considerados como resultados definitivos para traballos científicos.
  • 'X': mostras en proceso de análise.
  • A incertidume do método polo que se estiman as siguientes variables é: deterxentes aniónicos (±15%); sílice (±12%); cor (±17%); Cl libre residual (±24%); sulfatos (±19%); nitróxeno total (±8%); fósforo total (±19%).
  • As medidas das variables foron realizadas por:
    • Rede de Seguimento do Estado Ecolóxico das Augas de Galicia, Centro de Investigación e Información Ambiental, Lourizán, D.X. de Desenvolvemento Sostible: temperatura aire, temperatura auga, conductividade, salinidade, saturación de osíxeno, osíxeno disolto, pH, potencial redox, sólidos en suspensión, concentración de clorofila a, fitoplancto, turbidez, profundidade do disco de Secchi, hidrocarburos visibles, macroinvertebrados, diatomeas.
    • Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, A Coruña, D.X. de Calidade e Avaliación Ambiental: Cu, Mn, Zn, As, B, Sn, Cr total e carbono orgánico total.
    • Applus + Labaqua, Santiago de Compostela: Amonio, N total, P total, deterxentes aniónicos, sílice, color, alcalinidade, Cl libre residual, DBO5, DQO, dureza, Ca, Mg, fenois, cloruros, fluoruros, sulfatos e microcistina.
    • Rede de Seguimento do Estado Ecolóxico das Augas de Galicia; Manuel Varela e Jorge Lorenzo, Instituto Español de Oceanografía, A Coruña (Ministerio de Educación y Ciencia) (1); Applus + Labaqua, Santiago de Compostela-Alicante (2): reconto e identificación de microalgas.

[ voltar ao principio da páxina ]

Ponte Vella Agua Rampa Presa Caballeros Novas Ponte Vella Paradivas Aguiuncho Encoro cola Encoro presa