Indicador



AI-3 Calidade do aire urbano


Para estudar a evolución da Calidade do Aire no ambiente de contornos urbanos, emprégase un indicador calculado a partir dos índices de Calidade do Aire (ICA) das cidades de Galicia.

Os parametros empregados para o calculo do ICA son os seguintes: Dióxido de xofre (SO2); Dióxido de nitróxeno (NO2); óxidos de nitróxeno (NOX); Monóxido de carbono (CO); Partículas en suspensión menores de 10 micrómetros (PM10), Partículas en suspensión totais (SPM) e Ozono (O3).



Valores do Índice de Calidade do Aire Urbano 2012

ICA/ESTACIÓN A Coruña Arzúa Campus Ferrol Laza Lugo Ourense Ponteareas Pontevedra San Caetano Torre de Hércules Vigo
Excelente 266 118 135 128 311 126 154 117 198 118 340 139
Bo 100 247 223 238 45 235 203 232 168 240 18 195
Mellorable 0 1 4 0 10 4 8 15 0 8 0 5
Malo 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 0 1
Sen Datos 0 0 4 0 0 1 1 2 0 0 8 26

Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.



*A porcentaxe de datos non reflexada na táboa correspóndese cunha perda de datos debida ás avarías ou erros nas comunicacións ao longo do ano.

De xeito xeral, no ano 2012 predominou a Boa Calidade do Aire urbano en Galicia..

A estación que rexistrou o mellor ICA de toda Galicia foi a de Laza. As de Lugo e Ourense atópanse igualadas no número de días con ICA BOA, seguidas da de Arzúa con case a totalidade do ano.

A Coruña e Vigo presentan máis de cincuenta días co ICA Admisible, sendo ambas cidades a segunda e terceira, respectivamente, nos días con ICA Mala, polo que as converte nas dúas estacións co ICA global máis desfavorable do territorio galego.

Por outra banda, Ponteareas, no terceiro posto en canto a días con ICA Admisible, cun total de 43, é a de maior número de días de ICA MALA ou MOI MALA, polo que de xeito xeral é a estación que rexistra a peor calidade do aire de toda Galicia. Hai que sinalar que nos arredores da estación de Ponteareas, sita no recinto do CIFP A Granxa, é frecuente que se realicen tarefas agrícolas e forestais, polo que se poden ver incrementados os niveis de partículas en certas xornadas co conseguinte empeoramento do ICA.

Facendo unha análise dos ICAs Positivos e os ICAs Negativos, sumando o número total de días rexistrados con ICA (BOA + ADMISIBLE) e o ICA (MALA + MOI MALA), os resultados indican que Laza é, indiscutiblemente, a estación ca mellor calidade do aire de Galicia, seguida de Ourense e Lugo, que ocuparían o segundo lugar. Logo destas, sitúase Arzúa.

Ponteareas é a estación ca peor calidade do aire de Galicia, cun total de 45 días, seguida por A Coruña e Vigo, con 29 e 26 días respectivamente.

Cabe sinalar tamén que Vigo foi a estación cun maior número de avarías e a consecuente perda de datos, de case un mes, seguida de Santiago, con 6 días. Estacións coma as de A Coruña, Pontevedra e Arzúa, comunicaron todos os días do ano.

Valoracións Finais

Indicador: AI-3 Calidade do aire urbano.
Obxectivo: Diminución da suma dos ICA "Moi Mala" e "Mala". Dende a nova definición dos índices deste ano espérase acadar, no seguinte, valores aínda mellores e diminuír tamén o número de días sen rexistro de datos.
Tendencia: Dende a creación no ano 2005 da rede de estacións urbanas de calidade do aire de Galicia, a tendencia representativa do ICA urbano é favorable, tendendo a ampliar o número de equipos e cuns valores da calidade do aire ao longo dos anos moi destacables.

Vista Impresion

Ficha



  1. Denominación: AI-3 Calidade do aire urbano.
  2. Definición: O índice de calidade do aire (ICA) consiste nun valor non dimensional calculado a partires de información procedente da lexislción vixente relacionada cos distintos contaminantes atmosféricos e cuxo proncipal obxectivo é facilitar á poboación a comprensión da información relacionada coa contaminación do aire.
  3. Área temática / Tema / Sector: Calidade do aire / Saúde.
  4. Relevancia ambiental: É un indicador de presión sobre a saúde humana. Co obxecto de cumprir os requisitos que se derivan da lexislación sobre a liberdade de acceso á información en materia de medio ambiente, sobre a contaminación atmosférica por ozono, sobre a avaliación e xestión da calidade do aire ambiente e sobre os valores límite de SO2, NO2, NOx, partículas, CO e O3, os responsables das redes de vixilancia formúlanse cal é o mellor método para informar ao público sobre os niveis de concentración dos distintos contaminantes e da calidade do aire que estes niveis implican, así como cal é a vía máis efectiva para canalizar esta información.
    Para cada un dos contaminantes a ter en conta, a cada valor