CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Seguimento da conca do río Umia

O seguimento integral da conca do río Umia se desenvolve como unha experiencia piloto de análise exhaustiva do estado fisicoquímico e ecolóxico de ríos sometidos á diversas presións humanas e industriais.

Este seguimento ten dous obxectivos principais, o diagnóstico das afeccións e impactos actuais e históricos, e o estudio da capacidade de recuperación dun río con problemas crónicos, como son as elevadas cargas de materia orgánica e contaminación microbiolóxica proveniente de vertidos de augas residuais urbanas sen depurar, os efluentes agrogandeiros e outros vertidos de diversa índole.

Para este seguimento foron establecidos 15 puntos de mostraxe, atendendo tanto as diferencias ecolóxicas como as socioeconómicas.

Datos do seguimento da conca do río Umia no 2007 >>

Puntos de control

Prema nos puntos do mapa ou seleccione un punto na lista para ver os datos do control da rede do río Umia. Marcando ou desmarcando categorías de variables ocultará os valores das mesmas.

Punto de toma de mostras
Variables visibles Variables físicas
Variables físico-químicas
Variables químicas xerais
Variables químicas nutrientes
Variables químicas metais pesados
Variables químicas outros contaminantes
Variables químicas ións
Variables biolóxicas bentos
Variables biolóxicas fitoplancto
Puntos de control do río Umia

Notas

  • Os datos que aquí se amosan corresponden aos resultados preliminares que están sendo validados pola Rede de Seguimento do Estado Ecolóxico das Augas de Galicia, e non poden ser considerados como resultados definitivos para traballos científicos.
  • 'X': mostras en proceso de análise.
  • A incertidume do método polo que se estiman as siguientes variables é: deterxentes aniónicos (±15%); sílice (±12%); cor (±17%); Cl libre residual (±24%); sulfatos (±19%); nitróxeno total (±8%); fósforo total (±19%).
  • As medidas das variables foron realizadas por:
    • Rede de Seguimento do Estado Ecolóxico das Augas de Galicia, Centro de Investigación e Información Ambiental, Lourizán, D.X. de Desenvolvemento Sostible: temperatura aire, temperatura auga, conductividade, salinidade, saturación de osíxeno, osíxeno disolto, pH, potencial redox, sólidos en suspensión, concentración de clorofila a, fitoplancto, turbidez, profundidade do disco de Secchi, hidrocarburos visibles, perfís, macroinvertebrados, diatomeas.
    • Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia, A Coruña, D.X. de Calidade e Avaliación Ambiental: Cu, Mn, Zn, As, B, Sn, Cr total e carbono orgánico total.
    • Applus + Labaqua, Santiago de Compostela: Amonio, N total, P total, deterxentes aniónicos, sílice, color, alcalinidade, Cl libre residual, DBO5, DQO, dureza, Ca, Mg, fenois, cloruros, fluoruros e sulfatos.

[ voltar ao principio da páxina ]

punto u01 punto u02 punto u03 punto u04 puntos encoro punto u07 punto u08 punto u09 punto u10 punto u11 punto u12 punto u13 punto u14 punto u15