CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Rede EIONET

EIONET é a Rede Europea de Información e Observación do Medio Ambiente, da Axencia Europea de Medio Ambiente (AEMA). Tanto EIONET como a AEMA foron creadas como un único organismo polo Regulamento CEE 1210/90, iniciándose o seu funcionamento en 1994.

EIONET é unha rede de organismos que, no ámbito europeo, colaboran na subministración da información que precisan os Estados membros e a Comisión da Unión Europea para adoptar as medidas necesarias de protección do medio ambiente.

A Secretaría Xeral de Calidade e Avaliacion Ambiental da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio é o Punto Focal Autonómico da rede EIONET para a Comunidade Autónoma de Galicia.

A AEMA concibiuse como un organismo capaz de coordinar, analizar e facer un uso estratéxico da información medioambiental no ámbito europeo. Os obxectivos da AEMA son:

  • Recoller e elaborar información ambiental obxectiva, fiable e comparable.
  • Proporcionar esta información á Unión Europea e ós estados membros para a elaboración das súas políticas ambientais e sectoriais.
  • Publicar informes periódicos e proporcionar ó público, especializado ou non, información axeitada.
  • Cooperar en materia de información con organismos internacionais, nacionais ou rexionais adicados ó medio ambiente.

Características da Rede EIONET