CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Rede de seguimento do estado ecolóxico das augas de Galicia

Imaxe que mostra a estrutura da rede de augas augas continentais augas costeiras e de transicion rede automatica calidade dos encoros seguimento de cianobacterias nos encoros de Galicia - costa Seguimento da conca do Río Umia

A Directiva 2000/60/CE, coñecida como Directiva Marco da Auga (DMA) é unha norma comunitaria europea que establece un escenario común para protexer todas as augas superficiais continentais, de transición, costeiras e subterráneas, para previr ou reducir a súa contaminación, promover o seu uso sostible, protexer o medio ambiente, mellorar o estado dos ecosistemas acuáticos e incluso atenuar os efectos de inundacións e secas.

Coa entrada en vigor da DMA, apóstase pola calidade e fálase por primeira vez de "estado ecolóxico" da auga, que expresa a calidade da estrutura e do funcionamento dos ecosistemas acuáticos.

Deste xeito, ademais das variables químicas e físicas que se viñan contemplando de acordo á outras normas, fanse protagonistas no control da calidade do medio acuático aos sistemas biolóxicos asociados ao mesmo. Esta rede de seguimento ou monitorización xorde para cumprir este novo obxectivo ambiental: a diagnose e seguimento da calidade, orientada a acadar o bo estado ecolóxico en todas as masas de auga superficiais.

Imaxe que mostra o mapa cos puntos de seguimento

Puntos de seguimento dos ríos, encoros, augas costeiras e augas de transición de Galicia-Costa

. Augas continentais   . Augas costeiras e de transición   - Límite demarcación Galicia-Costa

 

Cómo se avalía o estado ecolóxico das augas?

Para isto é necesario estudar as comunidades da fauna e a flora que viven nas augas ou están relacionadas a elas, ademais das características físico-químicas da propia auga, é dicir, usalos como indicadores.

En función de cómo varíen estas comunidades e o resto das variables medidas, e do que se alonxen dun medio acuático similar pero inalterado, podemos dar unha valoración do seu estado.

A partires do estado individual de cada indicador ou grupo de indicadores, obtemos o estado ecolóxico final da masa de auga, que podemos expresar co seguinte código de cor:

        
Moi bó
        
       
Moderado
       
Deficiente
        
Malo

Para a medida destas variables, ás veces chega coa medida con aparatos máis ou menos complexos directamente na auga, como algunhas medidas físico-químicas con sondas, boias ou CTD.

CTDsondaboia

Outras veces é necesario recoller mostras de auga e analizalas no laboratorio, xa que o proceso é máis laborioso e precisa de aparatos ou métodos máis complexos.

CTDsonda

 

boia

Cando falamos de variables biolóxicas é necesario capturar os exemplares, ás veces con protocolos complexos, e logo no laboratorio se deben identificar os grupos biolóxicos individualmente para coñecer a estrutura das comunidades.

Ligazon/s relacionadas