CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Seguimento de cianobacterias nos encoros de Galicia-costa

As proliferacións de cianobacterias constitúen un problema medioambiental e sanitario que acontece nalgúns encoros da Demarcación Galicia Costa de xeito recurrente.

colonias da cianobacteria Microcystis

Dende a detección da cianobacteria Microcystis sp. no encoro de Caldas, a Rede de Observación Ambiental de Galicia – Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia (ROAGA-LMAG), en coordinación cos outros organismos implicados no tema (Augas de Galicia e a Consellería de Sanidade), efectúa un Programa de Seguimento e Control de Cianobacterias na Demarcación Galicia Costa. 

Nesta web a ROAGA pretende informar das actuacións realizadas, así como clarificar algúns aspectos básicos relacionados co tema, xa que o coñecemento do que é unha proliferación e das problemáticas asociadas e moito menor do desexable.

Recoméndase por tanto a lectura da sección de Preguntas mais frecuentes e do Novo Protocolo de Seguimento.