CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Preguntas frecuentes e boas prácticas

Preguntas Frecuentes

Na seguinte ligazón pódense consultar aqueles aspectos salientables en relación co Decreto 106/2015 sobre contaminación acústica de Galicia.


 

Boas prácticas

  • Na casa:
    • Controlar o volume dos electrodomésticos máis ruidosos.
    • Desenvolver as actividades máis molestas e situar os elementos máis ruidosos como televisións, radios, lavadoras etc. alonxados dos lugares de descanso e en horario diurno.
    • Introducir distintos sistemas de mellora do illamento acústico como a dobre ventá.
    • Ser o máis respectuoso coa veciñanza no desenvolvemento de festas.
  • Na rúa:
    • Evitar exposicións continuadas a ruído con niveles superiores a 90 dB, pois pode supoñer dende perda de audición e alteracións nerviosas ata traumas acústicos ou alteracións hormonais.
    • Non gritar nin falar alto, sobre todo á saída dos lugares de ocio, así como na noite. Respectando o descanso dos veciños.
    • Educar aos animais domésticos para que non fagan ruído.
    • As obras evitaran as horas de descanso e o ruído.
  • No traballo:
    • Manter conversas en niveis baixos para non molestar.
    • Levar tapóns para aquelas actividades que, aínda non sendo obrigatorio, o recomenden, por alcanzarse niveis próximos aos limiares.
  • Nas estradas e polígonos:
    • Conducir en marchas longas e sen aceleróns.
    • Evitar a utilización da bucina
    • Manter en bo estado o vehículo, revisando o tubo de escape.
    • Insonorizar distintas zonas do territorio con alta potencialidade de xeración de ruído mediante elementos de apantallamento acústico tales como barreiras.
    • Tentar evitar o uso de motocicletas ruidosas.
    • Mellorar o pavimento.