CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Boletín de información ambiental

O boletín de Información Ambiental é unha publicación electrónica mensual da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Este boletín nace co obxectivo de ser unha fonte de información fluida, dinámica e estructurada que posibilite o acceso de todos os cidadáns ás cuestións medioambientais.Por medio deste boletín inténtase achegar aos usuarios información sobre normativa (local, autonómica e europea), convocatorias (cursos, congresos, axudas, premios, etc.), así como as últimas novidades bibliográficas da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Pódese consultar visitanto a páxina electrónica ou ben recibilo por correo electrónico. Para este último caso existe un formulario de inscrición que permite recibir automáticamente, no seu enderezo electrónico, o boletín. Tamén existe a opción de recibir un correo diario con convocatorias de axudas, subvencións,cursos e actividades, sempre que se actualizase con contidos novos.

Pode vostede darse de alta pinchando.

ÚLTIMO BOLETÍN:

CONVOCATORIAS:

AVISO: Problemas no envío do correo diario

Detectáronse problemas no envío do correo diario de convocatorias a diversos servidores de correo electrónico alleos á Xunta de Galicia.

Xa se comunicou o problema aos provedores de correo.

Desculpen as molestias.