CMAOT

CMATI

|
|
|
Compartir

Niveis de pole en Galicia

  • foto cos niveis de pole

O posto de honra tanto polo seu carácter alergóxeno como pola súa gran presencia en Galicia é para o pole das Gramíneas. A continuación están as urticaceas (estrugas), tamén fonte de alerxias e o bidueiro. Estas tres especies constituen xunto a outros vexetaies como o carballo, aliso, castiñeiro, llantén, piñeiro e plátano as especies máis relevantes en canto á cantidade de pole enviado á atmósfera galega durante a súa época de floración, sendo por tanto os que máis problemas causan ás persoas alérxicas na comunidade.

Os datos recollidos permiten comprobar que os niveis polínicos se manteñen sobre a media nacional con cantidades entre 20.000 e 37.000 grans/m3 anuais.

Cidades

En cuanto ás cidades galegas, Vigo representa a cidade con maior concentración polínica durante 1.999 con máis de 27.500 grans/m³. Os motivos para este alto volume de grans son a súa resgardada situación xeográfica, a contaminación e as grandes plantacións de pñeiros e a proliferación de estrugas. Tamén destaca Lugo con 25.000 grans/m³, fundamentalmente de gramíneas.

  • Santiago.- A maior parte do pole procede dos bidueiros e as gramíneas. A polinización do bidueiro, piñeiro, carballo e plátano de sombra durante abril provocan que éste sexa o mes de maior concentración polínica seguido de maio, xuño e xullo.
  • Vigo.- Destacan pola súa presencia estrugas, gramíneas e piñeiro, con polinización en marzal que xenra as maiores concentracións. Febreiro cos alisos e cipreses e xullo coas gramíneas tamén amosan altas concentracións.
  • A Coruña.- Destacan estrugas e gramíneas sobre todo nos meses de abril, maio, xuño e xullo. A súa aberta situación xeográfica fai que as concentracións sexan 4 veces menores que en Vigo.
  • Lugo.- O 40% do pole recollido é de gramíneas, que teñen polinización fundamentalmente en xullo. Abundante presencia tamén de bidueiro, piñeiro, carballo e estrugas.
  • Ourense.- As gramíneas e o piñeiro destacan por encima doutras especies como carballo, aliso ou castiñeiro. Abril é o mes de maior concentración polínica pola polinización simultánea do piñeiro e o carballo.
  • Verín.- Unha vez máis son as gramíneas a especie máis abundante e xuño o mes con máis concentración debido á súa polinización. Numerosa presencia tamén de piñeiro e aliso.
  • Viveiro.- Gramíneas e estrugas son responsables do 48% do pole, con valores considerables de bidueiro e castiñeiro. Por meses, os de maiores concentraciones son abril, maio, xuño e xullo.