CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

Emerxencias

Segundo o artigo 9 da Lei 27/2006, de 18 de julio, por la que se regulan los derechos de acceso a la información, de participación pública y de acceso a la justicia en materia de medio ambiente, en caso de ameaza inminente para a saúde humana ou o medio ambiente, as Administracións públicas quedan obrigadas a difundir inmediatamente e sen demora toda a información que obre en poder das autoridades públicas ou no de outros suxeitos no seu nome, de forma que permita ao público que poida resultar afectado adoptar as medidas necesarias para previr ou limitar os danos que puideran derivarse de tales ameazas.

No ámbito galego, o artigo 4 da Lei 5/2007, de 7 de maio, de emerxencias de Galicia establece, entre outros, o dereito dos cidadáns a ser informados dos riscos que poidan afectalos e das consecuencias deles que sexan previsibles, así como dos medios dos que dispón a Comunidade Autónoma de Galicia para facerlles fronte. Para facer efectivo este dereito a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través da Axencia Galega de Emerxencias, dirixe o Centro de Atención de Emerxencias 112 Galicia (CAE 112), polo cal se presta a asistencia requirida polos cidadáns incursos en situacións de risco.

O CAE 112 facilita de forma inmediata á poboación, a través das súas páxinas web toda a información necesaria sobre as incidencias, situacións de risco, alertas así como plans de protección civil ante os riscos e ameazas que por calquera causa se produzan

Dita páxina conten información detallada sobre plans de protección civil, recomendacións á poboación en situacións de riscos (incendios forestais, incendios urbanos, inundacións, temporais, nevadas, transporte de mercancías perigosas, sismos e vagas de calor). Ademais dedica un espazo ás alertas en materia de protección civil e un mapa da Comunidade Autónoma que, en tempo real, permite situar as incidencias que se producen. Tamén contén enlaces aos distintos servizos de emerxencias que operan na comunidade.

Ligazon/s relacionadas