CMAOT

CMATI

Vostede está en:
|
|
|
Compartir

O convenio Aarhus

III Informe Nacional de Cumprimento do Convenio Aarhus.

O Convenio sobre o acceso á información, a participación pública e o acceso á xustiza en materia de medio ambiente, asinado en Aarhus o 25 de xuño de 1998 e ratificado por España en decembro de 2004, obriga aos estados parte a informar do seu cumprimento mediante a presentación dun Informe Nacional de Cumprimento, en cuxa elaboración están implicadas todas as Administracións públicas cuxas actuacións teñan repercusión sobre o medio ambiente.

Mediante a decisión I/8, a Reunión das Partes do Convenio de Aarhus (Lucca, Italia, outubro 2002) estableceu un mecanismo de presentación de informes polo que se pide a cada parte que presente un informe en cada Reunión das Partes sobre as medidas lexislativas, reguladoras e outras medidas adoptadas para cumprir o Convenio e poñelo en práctica, de acordo cun formato de informe anexado á decisión.

Ata o de agora España presentou dous informes, nos anos 2008 e 2010.

Para a realización do III Informe Nacional de Cumprimento o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente elaborou, en coordinación coas Administracións públicas implicadas, un borrador que se someteu a consulta pública co fin de que se puideran formular observacións e comentarios. O prazo rematou o día 10 de xullo de 2013.